César Rendueles publica Sociofobia, unha análise dos efectos sociais do actual uso de Internet, "máis preto do ciberfetichismo estéril que das súas posibilidades reais de transformación da sociedade". Rendueles destaca que "os teus followers non te van librar do paro; os teus compis do colexio, sí”.
Fálase
O PP reinicia o curso parlamentario vetando a comparecencia de Feijóo a conta do caso Bárcenas que reclamaba toda a oposición.
Apple presenta esta tarde os novos iPhones, o iPhone 5S e o iPhone 5C, de baixo prezo. O evento comezará ás sete da tarde, hora española.
Besteiro non ve ''incompatible'' manter o seu cargo na Deputación e ser secretario xeral. O resultado das primarias consultivas deberá ser ratificado no congreso extraordinario do PSdeG, que se celebrará o día 29.
O PSOE asume que Rubalcaba tentará ser candidato en 2015, segundo publica El Diario. Fontes socialistas apuntan ademais que "Rajoy ten como única opción aguantar até o final, polo que as eleccións serían cando corresponde: novembro de 2015".
CCOO denuncia a lei Wert ante a Comisión Europea por vulnerar o dereito comuntario. O sindicato denuncia, entre outros aspectos, que se financie con cartos públicos os colexios concertados segregadores.
Os desempregados de máis de 50 anos multiplícanse por catro coa crise, chegando a unha taxa do 21%
O naval beneficiarase de de falicidades crediticias para impulsar o sector. O ministro de Industria preséntalle unha serie de medidas ao conxunto do sector.
Besteiro compatibilizará a secretaría xeral do PSdeG coa presidencia da Deputación de Lugo, segundo lle vén de confirmar a Europa Press. "Non comezo unha nova etapa incumprindo un compromiso previo", argumenta.
Uns 57 millóns de nenos e nenas en idade escolar non poden ir ao colexio en todo o mundo, segundo un estudo da ONG Entre Culturas recollido pola Cadena SER