O PSOE asume que Rubalcaba tentará ser candidato en 2015, segundo publica El Diario. Fontes socialistas apuntan ademais que "Rajoy ten como única opción aguantar até o final, polo que as eleccións serían cando corresponde: novembro de 2015".
Fálase
CCOO denuncia a lei Wert ante a Comisión Europea por vulnerar o dereito comuntario. O sindicato denuncia, entre outros aspectos, que se financie con cartos públicos os colexios concertados segregadores.
Os desempregados de máis de 50 anos multiplícanse por catro coa crise, chegando a unha taxa do 21%
O naval beneficiarase de de falicidades crediticias para impulsar o sector. O ministro de Industria preséntalle unha serie de medidas ao conxunto do sector.
Besteiro compatibilizará a secretaría xeral do PSdeG coa presidencia da Deputación de Lugo, segundo lle vén de confirmar a Europa Press. "Non comezo unha nova etapa incumprindo un compromiso previo", argumenta.
Uns 57 millóns de nenos e nenas en idade escolar non poden ir ao colexio en todo o mundo, segundo un estudo da ONG Entre Culturas recollido pola Cadena SER
Siria ve con vos ollos a proposta rusa de poñer as súas armas químicas baixo control internacional. O secretario de Estado de EE UU, John Kerry, fixera esta petición horas antes, poñendo un prazo duns días.
Os canadianos Arcade Fire publican este luns o primeiro single do seu cuarto álbum, Reflektor, e fano cun espectacular vídeo interactivo. Tamén ofrecen información sobre a tecnoloxía usada na súa creación.
Espazo Ecosocialista chama ás esquerdas estatal e nacionais a ir xuntas ás europeas para "desprazar os partidos hexemónicos", PP e PSOE. A formación cre que caeu o "mito" de que "a esquerda nacional e estatal non se poden entender".
O presidente da Eurocámara transmite o seu pésame polo accidente ferroviario de Angrois a petición do BNG, segundo sinala a nacionalista Ana Miranda