Compromís lanza unha proposta de acordo de esquerdas que evite as novas eleccións. Remitirállo a PSOE, Podemos, IU, En Comú e En Marea. O documento, en eldiario.es
Fálase
As universidades galegas propoñen transformar a reválida de Bacharelato nunha selectividade. Piden que sexa unha única proba de acceso para toda Galicia, e que sexa supervisada polas universidades
Felipe VI recibirá a Rivera (12 horas), Iglesias (13 horas), Sánchez (16.30) e Rajoy (17.30), para pechar a derradeira rolda de consultas cos partidos. Despois, a Casa Real anunciará se lle encarga a algún candidato que intente ser investido ou se se procede a disolver as Cortes.
Pinoxxio e La piedra oscura, grandes triunfadores dos Premios Max, que se entregaron onte á noite en Madrid.
Público destaca a liorta que se está dando nos últimos días ente PP e Ciudadanos, en competición polo voto de dereita e centrodereita. C's atribúe a unha campaña dos populares a denuncia sobre o seu suposto financiamento ilegal
As confluencias exploran con que fórmula xurídica concorrer ao 26X para aspirar a ter o grupo parlamentario propio que PP, PSOE e Ciudadanos lles negaron. En Comú é a única das candidaturas conxuntas que ten rexistrado un partido e que está en prazo para optar por non repetir a fórmula da coalición.
Prisa anuncia unha demanda contra El Diario, La Sexta e El Confidencial por publicar que a ex muller de Juan Luis Cebrián aparece nos papeis de Panamá
O voceiro do PP en Lugo alerta de "traizóns" no seo do partido durante un xantar con militancia do rural. Cóntao El Progreso
Apuñalan unha muller en Ferrol ás portas do establecemento no que traballaba. A Policía investiga os feitos. Está a contalo Ferrol 360.
Un mes despois da entrada en vigor da Lei do Solo, aínda non se comezou a aplicar o réxime sancionador que castigan os inmobles sen rematar. Os alcaldes, reacios a impoñer estas multas, piden "tempo" e aplicar "pedagoxía".