As confluencias exploran con que fórmula xurídica concorrer ao 26X para aspirar a ter o grupo parlamentario propio que PP, PSOE e Ciudadanos lles negaron. En Comú é a única das candidaturas conxuntas que ten rexistrado un partido e que está en prazo para optar por non repetir a fórmula da coalición.
Fálase
Prisa anuncia unha demanda contra El Diario, La Sexta e El Confidencial por publicar que a ex muller de Juan Luis Cebrián aparece nos papeis de Panamá
O voceiro do PP en Lugo alerta de "traizóns" no seo do partido durante un xantar con militancia do rural. Cóntao El Progreso
Apuñalan unha muller en Ferrol ás portas do establecemento no que traballaba. A Policía investiga os feitos. Está a contalo Ferrol 360.
Un mes despois da entrada en vigor da Lei do Solo, aínda non se comezou a aplicar o réxime sancionador que castigan os inmobles sen rematar. Os alcaldes, reacios a impoñer estas multas, piden "tempo" e aplicar "pedagoxía".
O autobús urbano perdeu 3,7 millóns de usuarios en Galicia dende o 2008. Cada día os galegos e galegas realizan ao redor de 175 mil viaxes neste medio de transporte.
A asociación ecoloxista Arco Iris propón a creación dun banco de gando para evitar o sacrificio de vacas. A entidade critica o "fracaso estrepitoso" do servizo de inspección do Seprona e da Xunta e esixe cambios na Consellería pola "ineptitude" dos seus responsables. A escasa frecuencia dos controis do Goberno galego oculta o que pasa nas granxas
Este martes 26 de abril conmemórase o 30 aniversario do accidente de Chernóbil. La Marea publica unha crónica da visita dun dos seus xornalistas á zona de exclusión que rodea a cidade.
O Celta, que xoga esta noite ante o Granada, asegurou onte a súa clasificación para a Europa League. Agora, o seu obxectivo é ser quinto e evitar a rolda previa. Había nove anos que non se clasificaba para competicións europeas.
O FMI e o Banco Mundial rescataron xa oitoo países pola crise do petróleo e as súas derivadas, entre eles Nixeria, Angola, Perú, Indonesia e Moambique