O Celta, que xoga esta noite ante o Granada, asegurou onte a súa clasificación para a Europa League. Agora, o seu obxectivo é ser quinto e evitar a rolda previa. Había nove anos que non se clasificaba para competicións europeas.
Fálase
O FMI e o Banco Mundial rescataron xa oitoo países pola crise do petróleo e as súas derivadas, entre eles Nixeria, Angola, Perú, Indonesia e Moambique
Felipe VI comeza este luns a derradeira rolda de contactos cos partidos. Mañá martes, tras reunirse cos representantes de Ciudadanos, Podemos, PSOE e PP, o monarca encargará a algún candidato que intente formar goberno ou convocaranse novas eleccións
As Mareas en Común acordan iniciar a Marea Viva o 7 de maio para "impulsar unha confluencia das forzas do cambio en Galicia, aberto ás persoas, partidos, entidades e movementos con desexo de recuperar as institucións para a xente".
A ultradereita gaña a primeira volta das eleccións en Austria con máis do 36% dos votos.
Carmela Silva non descarta optar á secretaría xeral do PSdeG. Di, no entanto, que a formación "non está agora neste proceso".
A FEB ordena cortar o himno galego antes do derbi entre Breogán e Básquet Coruña en Riazor. O club coruñés aclara que a interrupción foi ordenada polo comisario da Federación e que a entidade non tivo nada que ver.
O Breogán empata a eliminatoria dos play-offs da LEB (1-1) ante o Básquet Coruña tras vencer en Riazor (85-90).
Incautado en Tui o maior alixo de heroína da historia de Galicia. Máis de 55 quilos de droga e varios detidos na operación policial.
O Deportivo acada un valioso punto en Eibar (1-1) pero non dá confirmado a permanencia. Na 2ªB, o Compostela cae co Coruxo (1-2) e está a un paso do descenso a Terceira. O Racing de Ferrol aséntase no liderado coa vitoria ante o Celta B (0-1).