Segue a 'guerra de bandeiras' en Catalunya. O Concello de Arenys de Munt convocará un referendo entre os veciños para decidir se pendura ou non a enseña española na casa consistorial. En Vilaweb.

Segue a 'guerra de bandeiras' en Catalunya. O Concello de Arenys de Munt convocará un referendo entre os veciños para decidir se pendura ou non a enseña española na casa consistorial. En Vilaweb.
A política económica do Goberno central tamén se xoga nos medios. Rajoy rodearase o vindeiro luns de pequenos e medianos empresarios, buscando o contraste cun dos últimos grandes actos de Zapatero como presidente, rodeado dos propietarios das grandes compañías. Cóntao a Cadena SER.
A ministra de Emprego, Fátima Báñez, aproveita un acto electoral en Andalucía para respostar á convocatoria de folga xeral por parte de UGT e CC.OO., que se suman á data xa fixada polos sindicatos vascos e cataláns. "España non está para folgas", asegura a ministra. Na Cadena Ser.
Este serán comezou oficiosamente o Congreso Nacional do PSdeG, coa chegada dos primeiros participantes. Mañá á mañá arranca unha cita congresual que se prevé rifada entre o actual secretario xeral, Pachi Vázquez, e a candidata a sucedelo, Elena Espinosa. Hoxe, o secretario de organización, Pablo García, presentou as montaxe do cónclave.
O 70% dos vascos apoia o achegamento dos presos de ETA a cárceres de Euskadi e Navarra e a reinserción dos que renuncien á violencia. Unha porcentaxe semellante (66%) rexeita, con todo, a concesión dunha amnistía. O 52% cre que ETA renunciou definitivamente á violencia, fronte a un 36% que non o cre. As "sensacións" maioritarias entre os vasco ante o proceso de pacificación son de "optimismo" e "ilusión". Descarga aquí o informe completo.
O Goberno aproba un "código de boas prácticas" para a banca, un conxunto de suxestións de cumprimento opcional, entre as que se inclúe a posibilidade da dación en pagamento para familias con todos os seus membros en paro e con vivendas de menos de 200 mil euros.
Na roda de prensa posterior ao Consello de Ministros Soraya Saenz de Santamaría afirma que o Goberno só aceptará modificacións á reforma laboral "que axuden a mellorar a lei". Santamaría afirmou que "as folgas non son a solución en momentos de graves dificultades para os cidadáns" e salientou o "importante apoio" a lei logrou este xoves no Congreso, de PP, CiU e UPN.
Haberá folga xeral unitaria o 29 de marzo. CC.OO. e UGT únense ás convocatorias previas de CIG, ELA e LAB, entre outros sindicatos. Cándido Méndez, en roda de prensa, cualificou a convocatoria de "xusta e necesaria", as mesmas palabras que empregou Rajoy para referirse á reforma laboral. Toxo e Méndez aseguraron que a convocatoria se adiou até este venres porque se atopaban á espera de que o Goberno "rectificase"
Novas confirmacións no Festival do Norte, que se celebrará en Vilagarcía o 27 e 28 de abril: Lori Meyers, El Columpio Asesino, Polock, Los Pilotos e os composteláns Disco Las Palmeras únense a Los Enemigos, Fangoria ou Love of Lesbian.
Fernando Blanco vén de comparecer ante a prensa cos seus avogados. Sinala que as declaracións de Dorribo son "inxurias", pide o arquivo da causa contra el dentro do caso Campeón e achega nova documentación. Máis información, esta mañá en Praza Pública.