A Xunta di que aposta por atención "de calidade" aos dependentes e non por "paguitas" ás súas familias.
Fálase
Un manifesto asinado por máis de 1.200 docentes e investigadores e investigadoras universitarias españolas pide romper as relacións académicas con Israel
Sindicatos e partidos da oposición apelan ás excepcións contempladas no Tratado de Funcionamiento da UE para zonas en situación de subemprego como vía para salvar o proxecto de dique flotante para a ría de Ferrol.
A facturación do comercio electrónico creceu un 13,4% no último ano en España, e un de cada tres persoas mercaron a través da rede no último ano. Porén, a desconfianza ante os métodos de pago en liña segue a constituír un freo para o desenvolvemento do ecommerce.
A Xunta insiste en pedir a transferencia da AP-9 e reclama ao Goberno que homoxeneice as tarifas das peaxes no Estado.
O Estado comprou a información sobre as contas de Pujol, segundo conta Diari d'Andorra. España ofrecía cartos a Liechtenstein, Suíza ou Andorra por información que prexudique o proceso soberanista.
España cae 14 postos en benestar social desde o inicio da crise. O Índice de Desenvolvemento Humano da ONU sitúa o Estado por baixo da media dos países máis desenvolvidos e da OCDE.
Acordo para desconvocar a folga do lixo en Lugo. Urbaser concede un novo convenio con suba salarial, renuncia ao despido de 11 traballadores e retira as sancións impostas durante o conflito. Máis información, nuns minutos en Praza.
A Junta de Andalucía formaliza a compra dos terreos de El Algarrobico para proceder á demolición da ilegal instalación hoteleira.
A Xunta desbota o dique flotante para Ferrol. O conselleiro de Economía asegura que non se pode construír se incumpre a normativa europea e lembra que a prioridade é conseguir contratos. Máis información, esta tarde en Praza.