Ana Pontón, Carme Adán, Tereixa Paz e Daniel Rodas lanzan senllos blogs sobre a súa actividade no Parlamento co BNG.
Fálase
Montse Dopico recupera no Día de Rosalía unha entrevista con Francisco Rodríguez sobre a obra Rosalía de Castro. Estranxeira na súa patria, "un dos estudos máis completos sobre a vida e a obra da autora"
A vicepresidenta da Comisión Europea pídelle a España que negocie con Cataluña sen condicións previas. Viviane Reding participou a fin de semana nun coloquio en Barcelona.
Esta mañá ás 12 a Academia Galega do Audiovisual dá a coñecer as persoas e obras nomeadas na duodécima edición dos premios Mestre Mateo. Será nun acto en Compostela con Sabela Arán, Luís Tosar e o presidente da Academia, Antonio Mourelos.
O xornal portugués Público vén de dedicarlle un amplo especial ás reivindicacións soberanistas catalás baixo o título Catalunha fala ao mundo para obrigar Madrid a ouvir
Un xulgado investiga unha presunta fraude en cursos de formación da patronal madrileña que superaría os 15 millóns de euros, segundo El País
A Defensora del Pueblo pídelle ao Goberno central que retire os incentivos económicos ás ETT por delatar a persoas en desemprego. En El Diario
La Sexta crea unha salientable polémica coa emisión de #OperaciónPalace, un falso documental dirixido por Jordi Évole construído sobre a tese de que o golpe do 23-F foi unha montaxe pactada polos principais poderes do Estado para lexitimar a Monarquía e evitar un alzamento militar.
Hoxe dimitirá o concelleiro de Nigrán imputado na operación Patos, segundo avanza Faro de Vigo
Pachi Vázquez non desbota ser candidato do PSdeG á alcaldía de Ourense se así llo reclama o partido, cuxa dirección cre que terá que tomar "decisións preventivas" polos casos de presunta corrupción. Díxoo nunha entrevista na Radio Galega