A vicepresidenta da Comisión Europea pídelle a España que negocie con Cataluña sen condicións previas. Viviane Reding participou a fin de semana nun coloquio en Barcelona.
Fálase
Esta mañá ás 12 a Academia Galega do Audiovisual dá a coñecer as persoas e obras nomeadas na duodécima edición dos premios Mestre Mateo. Será nun acto en Compostela con Sabela Arán, Luís Tosar e o presidente da Academia, Antonio Mourelos.
O xornal portugués Público vén de dedicarlle un amplo especial ás reivindicacións soberanistas catalás baixo o título Catalunha fala ao mundo para obrigar Madrid a ouvir
Un xulgado investiga unha presunta fraude en cursos de formación da patronal madrileña que superaría os 15 millóns de euros, segundo El País
A Defensora del Pueblo pídelle ao Goberno central que retire os incentivos económicos ás ETT por delatar a persoas en desemprego. En El Diario
La Sexta crea unha salientable polémica coa emisión de #OperaciónPalace, un falso documental dirixido por Jordi Évole construído sobre a tese de que o golpe do 23-F foi unha montaxe pactada polos principais poderes do Estado para lexitimar a Monarquía e evitar un alzamento militar.
Hoxe dimitirá o concelleiro de Nigrán imputado na operación Patos, segundo avanza Faro de Vigo
Pachi Vázquez non desbota ser candidato do PSdeG á alcaldía de Ourense se así llo reclama o partido, cuxa dirección cre que terá que tomar "decisións preventivas" polos casos de presunta corrupción. Díxoo nunha entrevista na Radio Galega
O Boiro mantense no liderado da Terceira galega logo de gañar no campo do Arousa (0-1). O resto de resultados foron os seguintes:
As Pontes 1 - 4 Pontevedra
Grixoa 1 - 0 Dorneda
Racing Vilalbés 1 - 0 Choco
Betanzos 0 - 1 Barbadás
Laracha1 - 2 Negreira
Bertamiráns 2 - 1 Ordes
Cultural Areas 0 - 4 Somozas
Cerceda 0 - 1 Rápido de Bouzas
Alondras 1 - 5 FabrilO Racing de Ferrol empate en Zamora (1-1) e mantense en promoción de ascenso a Segunda División. O Ourense gañou ao Noja (1-0), o Compostela empatou ante o Racing de Santander (1-1), o Coruxo caeu na casa ante o Burgos e o Celta B perdeu tamén en León (1-0).