O Burela acadou esta fin de semana a súa primeira vitoria na Primeira División do fútbol sala ao derrotar o Santa Coloma por 7-4. O Azkar Lugo empatou 3-3 en Navarra. E o Santiago Futsal non puido facer nada no Palau ante o Barcelona 6-3
O Burela acadou esta fin de semana a súa primeira vitoria na Primeira División do fútbol sala ao derrotar o Santa Coloma por 7-4. O Azkar Lugo empatou 3-3 en Navarra. E o Santiago Futsal non puido facer nada no Palau ante o Barcelona 6-3
Os politólogos Pablo Barberá, Pablo Fernández e o ourensán Gonzalo Rivero veñen de publicar un working paper que analiza os efectos electorais da corrupción en España. Toman como referencia 75 escándalos da pasada lexislatura e estudan as súas consecuencias nas eleccións municipais de 2011. Conclúen que a corrupción tan só produce un dano electoral real cando o custe para o cidadán é evidente e afecta ao seu benestar.
Alfredo Pérez Rubalcaba pide a dimisión de Rajoy nunha rolda de prensa para valorar as implicacións do caso Bárcenas: "Rajoy converteuse nun problema para España... Rajoy non pode dirixir un país nun momento delicado coma este... É por iso polo que dende o PSOE lle dicimos que abandone a presidencia".
As construtoras que segundo os documentos de Bárcenas achegaron cartos ao PP -Sacyr, FCC e OHL- tiñan cando menos 6.600 millóns de euros en obra pública nos anos das doazóns
Ignacio Escolar analiza criticamente o Tribunal de Contas nun artigo en El Periódico de Catalunya: "o nome engana: este tribunal non é ningún xulgado, non depende do Poder Xudicial. O órgano que vixila o financiamento dos partidos está dirixido... polos partidos".
A marmota Punxsutawney Phil prediciu este sábado unha primavera temperá nesta curiosa tradición que ten como escenario unha vila de Pennsylvania. O Groundhog Day ou Dia da Marmota determinou que as baixas temperaturas non durarán moito este ano
As Meninas de Canido celebraranse os días 7 e 8 de setembro. As paredes deste popular barrio ferrolán volverán encherse de recreacións do cadro de Velázquez
A Asemblea Nacional francesa aprobou este sábado o primeiro dos artigos do proxecto de lei para legalizar o matrimonio homosexual por 249 votos a favor e 97 en contra. Este artigo é o que fixa que o matrimonio se refire a persoas de diferente ou do mesmo sexo.
A supresión das primas ás renovables provocou unhas perdas no sector eólico en Galicia de 45 millóns de euros. As empresas dan "por morto" o concurso e reclámanlle á Xunta un novo proxecto sectorial
El Periódico publica outra sondaxe, desta vez con asignación de escanos, que deixaría o PP a 40 escanos da maioría absoluta. O PP tería 133-135 deputados, por 120-123 do PSOE. UPyD e IU roldarían os 25 cada un.