Puigdemont convocará o Parlament para "actuar en consecuencia" trala aplicación do 155 e denuncia o "portazo" de Rajoy ás súas peticións de diálogo. O presidente da Generalitat non citou na súa intervención unha posible declaración de independencia. Dúas horas antes a presidenta do Parlament, Carme Forcadell, fora máis dura, denunciando un "golpe de estado" e sinalando que a institución resistirase a acatar a intervención.
