Os cinco grandes bancos poñerán 1.200 millóns para o pago das preferentes. Santander, BBVA, CaixaBank, Sabadell e Popular achegarán a maioría dos fondos ao Fondo de Garantía de Depósitos.
Fálase
"Os capos discutiron en Cambados canto achegarían a Alianza Popular". Público entrevista a Perfecto Conde, experto nas tramas de narcotráfico en Galicia
A ONU aproba o primeiro tratado internacional sobre comercio de armas. A venda internacional de armas queda ligada ao récord que o país comprador teña en materia de dereitos humanos.
Os afectados polas preferentes forzan a suspensión do terceiro pleno de Tui en catro meses. 150 persoas ocuparon o salón de sesións.
O primeiro episodio da terceira tempada de Game of Thrones bateu récords en BitTorrent e foi descargado máis dun millón de veces en menos dun día.
Un artigo en Naukas explica "a febre dos bitcoins", a moeda dixital que en só dous meses duplicou o seu valor. Os bitcoins en circulación superan os mil millóns de dólares en valor
Canadá pon en marcha o seu visado para emprendedores e startups, destinado a fomentar a creación de empresas de base tecnolóxica. Seguindo os pasos de Chile ou o Reino Unido, ofrece 2.700 permisos de residencia permanente.
O grupo do PSdeG abandona a sesión da Comisión Institucional do Parlamento ao non acceder o seu presidente, Agustín Baamonde, a retirar as verbas do deputado do PP Alberto Pazos, acusando o PSOE de aplicar "a pena de morte" dende o Goberno español.
O deputado do PP Alberto Pazos recoméndalle o BNG "pasar por unha sede humeante" do PP por presentar unha iniciativa a prol dos "dereitos" das persoas presas apoiada tamén por PSdeG e AGE. No mesmo debate, acusa o PSOE de "aplicar a pena de morte sen xuízo previo a acusados de terrorismo"
A publicación mexicana Proceso súmase aos medios internacionais que informan sobre as fotografías de Alberto Núñez Feijóo co narco Marcial Dorado.