Rueda afirma que Feijóo "ten que ser o candidato" do PP nas eleccións galegas e asegura que vai dirixir o partido en Pontevedra para "apuntalar" unha nova vitoria.
Fálase
Milleiros de persoas esixen por toda Europa pasaxe segura para as persoas refuxiadas. En Galicia houbo mobilizacións na Coruña, Vigo e Pontevedra.
O 80% da militancia que participou na consulta PSdeG apoiou o acordo subscrito por Pedro Sánchez con Ciudadanos. A participación roldou o 50% nas catro provincias.
O PSOE estima que en torno a un 70% dos votos na consulta aproban o acordo con Ciudadanos. A participación roldaría o 40%, din.
#PasaxeSegura Comeza na Coruña a mobilización a prol da pasaxe segura para as persoas refuxiadas, que hoxe se reivindica por toda Europa.
Este sábado presentouse o proxecto da Semente en Lugo, cidade que acollerá unha nova escola desta rede, xa presente en Compostela, Vigo e Narón. (Imaxe: A.C. Cultura do País)
O Concello da Coruña celebra o segundo encontro #DilloTi do goberno local cos barrios da cidade. Nesta ocasión o alcalde e edís xuntáronse coa veciñanza en Palavea
Centos de manifestacións reclaman hoxe en toda Europa pasaxes seguras para persoas refuxiadas. En Galicia xa se celebraron concentracións en Vigo e Pontevedra este mediodía e haberá outra na Coruña, ás 19:30.
VÍDEO A manifestación do sector do mar, multitudinaria malia á chuvia e a sarabia. A información, hoxe en Praza.
Milleiros de persoas maniféstanse xa en Compostela a prol do sector do mar malia á chuvia e a sarabia. A información, hoxe en Praza.