Fernán Vello contesta ás críticas de Carlos Callón á actividade de En Marea no Congreso. Di que "se equivoca de inimigo" e que "mente" ao cualificar de "lacazáns" os deputados galegos da coalición nunha publicación en Facebook.
Fálase
O PSOE agárrase á "milagre" das eleccións galegas de 2005. Os dirixentes socialistas poñen o exemplo da derrota de Fraga ante PSdeG e BNG para confiar nun goberno de Sánchez, segundo conta Público.
Mariano Rajoy define a "situación política" actual nun chío
A Garda Civil pide a imputación do presidente de Murcia e dunha senadora por corrupción. Ambos os dous terían contratado a trama Púnica con cartos públicos para que levase a súa imaxe nas redes sociais.
Felipe González pediu por carta a un xenocida favores para ao empresario Farshad Zandi. Escribiu ao presidente de Sudán para que o seu amigo conseguise un xacemento.
A Xunta cuadriplica as denuncias por cambios de uso de solo tras un incendio. Pasouse dos 48 expedientes de 2014 aos 179 abertos o pasado ano.
A desigualdade continúa aumentando malia o crecemento da economía no Estado. A diferenza entre as persoas con menos ingresos e con máis seguiu alargándose durante 2015.
O Festival Primavera do Cine de Vigo vén de dar a coñecer o palmarés da súa quinta edición. As curtametraxes Vida (Rubén Riós) e Pronto, Era Assim (Joana Nogueira e Patrícia Rodrigues), as longametraxes Frankestein-04155 (Aitor Rei) e O Heroi (Zézé Gamboa) e o videoclip Mar de Fondo (Lara Capeáns), gañadoras
O Rácing de Ferrol, eliminado da fase de ascenso a Segunda A ao perder co Cádiz na Malata (1-2). O Boiro, en cambio, supera o Caudal (malia caer 1-0) e ascende a Segunda B, grazas á vantaxe de dous goles acadada no partido de ida.
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebra este luns unha xunta directiva e unha asemblea xeral que se prevén claves para garantir a viabilidade económica da entidade, que arrastra unha débeda moi importante e que nos últimos anos despediu a dous terzos dos seus empregados.