Exculpan a Dilma Rousseff e a Lula da Silva polo caso Petrobras. A comisión parlamentaria de investigación afirma que non hai "ningunha proba" contra eles e manifesta que a petroleira foi "vítima dun cártel" formado por construtoras "coa complicidade dalgúns malos funcionarios".
Fálase
JxSí e CUP dan por feito que non haberá pacto antes das eleccións xerais, destaca El Periódico. CDC non ve tempo abondo para pechar a investidura do novo goberno catalán antes das primeiras votacións, a comezos de novembro. ERC propón a Forcadell para presidir o Parlament
O líder dos socialistas de Portugal rexeita o pacto coa dereita e advirte a Passos de que procurará un goberno alternativo. Cóntao Público
Dimite o responsable de Urxencias do novo Hospital de Vigo. A renuncia foi comunicada o pasado venres, segundo adianta Vigoé
O Consello da Xunta aproba este mediodía o proxecto de Orzamentos Xerais para 2016. A información, hoxe en Praza.
Salvados bateu o seu récord de audiencia, con 5,2 millóns de espectadores, grazas ao cara a cara entre Pablo Iglesias e Albert Rivera
Un novo peche da A-8 pola néboa provoca longas ringleiras de coches e esperas na N-634 á altura da Xesta
A Xunta rexeita a petición do Concello de Sada de xestionar as visitas ao pazo de Meirás. Cultura convida o Goberno municipal sadense a presentarlles a súa solicitude aos herdeiros do ditador
Trece comunidades de montes de Pontevedra e Vilaboa súmanse á protesta polo inicio das obras da A-57 nos montes de Marcón, nas que tamén participan outras entidades veciñais e ecoloxistas, coma a APDR. Denuncian que os traballos se iniciaron de forma "irregular" pois a Audiencia Nacional aínda non resolveu a petición de paralización cautelar.
O Partido Popular suízo, cun marcado discurso antiinmigración, gaña as eleccións lexislativas no país helvétivo, cun 28% dos votos. Pola súa banda, Henriette Reker, a candidata de conservadores e verdes que foi acoitelada polo seu apoio aos refuxiados, será a alcaldesa de Colonia (Alemaña), ao impoñerse claramente nos comicios