A Marcha Stop Velutina, convocada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA), pasou xa por Xixón e Torrelavega e chega este domingo a Euskadi. Reclaman a "urxente" posta en marcha dun plan de choque en todas as zonas afectadas, que debe centrarse a curto prazo na loita preventiva, coa colocación de trampas, e a longo prazo en métodos de loita biolóxicos que no danen o medio ambiente.
