Rajoy fai o imposible para non responder sobre o aborto. O presidente utiliza fórmulas como "ese asunto" ou "este tema" para non falar directamente sobre a lei máis polémica dos últimos meses. Cualifica a reforma de "equilibrada" e di que vai na liña da de 1985.