#consellodaxunta A Xunta aproba un ano máis o complemento ás pensións non contributivas, que Feijóo preveu eliminar ao chegar ao Goberno e que agora, asegura, manterá "mentres poidamos"
Fálase
#consellodaxunta A Xunta "formaliza" a concesión do título de "embaixador do Camiño de Santiago" ao príncipe Felipe de Borbón
O PNV reitera que non apoiará a contrarreforma da lei do aborto malia ao seu carácter democristián. "Non teñen nada que ver as crenzas de cada persoa co que ten que estar ben para regular toda a sociedade", di Andoni Ortuzar nunha entrevista na SER.
O físico da USC Néstor Armesto formará parte dun grupo internacional que estudará o potencial científico dun novo acelerador de electróns no CERN. De levarse a cabo, constituiría o experimento de análise da estrutura da materia de maior resolución xamais construído.
O Ministerio de Facenda ameaza con intervir o Concello de Silleda se non acepta ser rescatado, unha opción que segue rexeitando o Goberno municipal.
Os promotores da ILP que reclama que o SERGAS dote o Hospital Universitario Lucus Augusti de radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica 24 horas entregarán este venres no Parlamento 43.858 sinaturas
O Goberno de España presumiu da actual lei do aborto ante a ONU ata en tres ocasións e ocultou a súa intención de reformala. Cóntao a Cadena SER
O ministro de Xustiza lánzase á defensa da contrarreforma do aborto na prensa con senllas entrevistas en ABC e La Razón. Ruiz-Gallardón sentenza que a súa lei é "a máis progresista do Goberno", asegura que el "tería un fillo con malformacións graves" e advirte de que o proxecto "non se modificará no Congreso".
O PSdeG de Ourense segue sen dar pechado a súa crise interna malia á mediación da secretaria de organización do partido, Pilar Cancela. Recólleo Faro de Vigo
O caso Pokémon vai xa polas 100 persoas implicadas tras 400 días, segundo detalla La Voz