Os promotores da ILP que reclama que o SERGAS dote o Hospital Universitario Lucus Augusti de radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica 24 horas entregarán este venres no Parlamento 43.858 sinaturas
Fálase
O Goberno de España presumiu da actual lei do aborto ante a ONU ata en tres ocasións e ocultou a súa intención de reformala. Cóntao a Cadena SER
O ministro de Xustiza lánzase á defensa da contrarreforma do aborto na prensa con senllas entrevistas en ABC e La Razón. Ruiz-Gallardón sentenza que a súa lei é "a máis progresista do Goberno", asegura que el "tería un fillo con malformacións graves" e advirte de que o proxecto "non se modificará no Congreso".
O PSdeG de Ourense segue sen dar pechado a súa crise interna malia á mediación da secretaria de organización do partido, Pilar Cancela. Recólleo Faro de Vigo
O caso Pokémon vai xa polas 100 persoas implicadas tras 400 días, segundo detalla La Voz
As rebaixas de prezos fan que R gañe un 10% menos pero dispare o seu número de clientes, con máis de 100.000 novas liñas móbiles. Cóntao El País
O deputado do PP galego e presidente das Novas Xeracións Javier Dorado desmárcase da contrarreforma da lei do aborto en aspectos como a malformación do feto pero expresa, a través de Twitter, a súa "confianza" no Goberno central.
Luis Rubido é dende hoxe alcalde de Cedeira polo PP. Substitúe ao seu irmán Leopoldo, que accedeu á Alcaldía da vila no franquismo.
O Goberno concédelle o asilo á muller inmigrante siria que levaba dous meses bloqueada en Melilla, con queimaduras no 90% do seu corpo. A publicación do seu caso nos medios de comunicación obrigou o Executivo a permitir o seu traslado á Península, para ser tratada.
A cicloxénese elevou a produción eléctrica eólica nos últimos días, até superar o 50% do total, e ademais rebaixou o prezo da enerxía no mercado eléctrico maiorista dende os 71 euros do pasado domingo, até os 12 euros de hoxe.