O PSdeG de Ourense segue sen dar pechado a súa crise interna malia á mediación da secretaria de organización do partido, Pilar Cancela. Recólleo Faro de Vigo
Fálase
O caso Pokémon vai xa polas 100 persoas implicadas tras 400 días, segundo detalla La Voz
As rebaixas de prezos fan que R gañe un 10% menos pero dispare o seu número de clientes, con máis de 100.000 novas liñas móbiles. Cóntao El País
O deputado do PP galego e presidente das Novas Xeracións Javier Dorado desmárcase da contrarreforma da lei do aborto en aspectos como a malformación do feto pero expresa, a través de Twitter, a súa "confianza" no Goberno central.
Luis Rubido é dende hoxe alcalde de Cedeira polo PP. Substitúe ao seu irmán Leopoldo, que accedeu á Alcaldía da vila no franquismo.
O Goberno concédelle o asilo á muller inmigrante siria que levaba dous meses bloqueada en Melilla, con queimaduras no 90% do seu corpo. A publicación do seu caso nos medios de comunicación obrigou o Executivo a permitir o seu traslado á Península, para ser tratada.
A cicloxénese elevou a produción eléctrica eólica nos últimos días, até superar o 50% do total, e ademais rebaixou o prezo da enerxía no mercado eléctrico maiorista dende os 71 euros do pasado domingo, até os 12 euros de hoxe.
A Deputación de Lugo únese á Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. É a primeira institución pública do país que o fai, destaca nun comunicado
O Goberno central prevé conxelar mañá o salario mínimo interprofesional, segundo lles avanzou aos sindicatos CC.OO e UGT. En El Diario
Feijóo asegura que a Xunta reconstruirá o santuario da Virxe da Barca "custe o que custe"