Os papeis orixinais de Bárcenas recollen pagamentos a Rajoy cando era ministro, segundo publica hoxe El Mundo

Os papeis orixinais de Bárcenas recollen pagamentos a Rajoy cando era ministro, segundo publica hoxe El Mundo
Dúas eurodeputadas de Austria e Letonia paralizar en Bruxelas o informe sobre a contaminación das rías galegas. Consideran que o PP Europeo pasa por riba da contaminación da ría de Ferrol, segundo conta El País
O xuíz Ruz posúe nova documentación de pagos en B que afecta a Rajoy, Arenas, Cascos e Rato. O director de El Mundo entrega ao maxistrado novos papeis que Bárcenas está disposto a ratificar ante a Xustiza.
Bárcenas pide consello legal ao avogado de Pablo Crespo logo de que os seus antigos letrados se negasen a continuar defendéndoo.
Este mércores unha delegación de Compromiso por Galicia reunirase con AGE no Parlamento. O partido que encabeza Xoán Bascuas presentaralle a Alternativa a súa proposta de reforma electoral.
Anonymous filtra as contas do Partido Popular. A contabilidade do PP entre 1990 e 2011 circula pola Rede logo de que un usuario a publicase.
O BNG presenta a manifestación do Día da Patria e fai público o cartel. Máis información, nuns minutos en Praza.
O grupo ourensán Marskarpone vence no certame de bandas noveis do festival Revenidas. A formación tocará no festival o xoves 18 e recibirá 300 euros de premio en metálico.
Bruxelas prepara un "rescate brando" para Portugal sen o FMI. A UE estaría negociando con Lisboa unha "liña de crédito de precaución".
A Xunta elimina as subvencións para Protección Civil nas sete cidades galegas, segundo recolle Faro de Vigo