Veciños do barrio coruñés de Monte Alto maniféstanse contra o peche da biblioteca municipal. Imaxe de @marbarcon.
Veciños do barrio coruñés de Monte Alto maniféstanse contra o peche da biblioteca municipal. Imaxe de @marbarcon.
Circula polas redes sociais unha imaxe na que se destacan a faltas ortográficas e gramaticas nas que incorreu a Consellería de Educación na nota oficial coa que anuncia que recorre as sentenzas do TSXG que invalidan parte do decreto do plurilingüismo
Goberno e PSOE acordan someter a arbitraxe todos os casos de preferentes, aínda que con duras condicións. Contempla tamén a creación dunha comisión de seguimento para avaliar este proceso.
O Banco Gallego dá luz verde á operación acordeón e será nacionalizado. Os investidores terán un mes para acollerse ou non á ampliación de capital. Cóntao Economía Digital.
A Fiscalía pedirá ao xuíz de Gürtel que investigue os supostos sobresoldos en negro no PP, segundo informa RNE.
O Consello de Europa denuncia as inxerencias do Goberno español en TVE. Cóntao Vertele
A sesión de tarde do debate de Orzamentos reanudouse coa ausencia da oposición en protesta polo veto aos convites, pero tamén con baleiros nalgúns escanos do PP.
O Club Deportivo Lugo precisa 3 millóns de euros para converterse en sociedade anónima e así continuar no fútbol profesional. Cóntao Táboas.
A socialista Marisol Soneira revela que o Parlamento prohíbe a entrada de dúas persoas ás instalacións do Grupo Parlamentario do PSdeG
O BNG pide que o Concello de Lugo lle cobre o IBI á Igrexa, logo da sentenza que ampara o cobro deste imposto á diócese de Ourense no Concello de Allariz. “Que paguen relixiosamente como o resto dos cidadáns e empresas”, reivindica o voceiro nacionalista, Antón Bao.