A socialista Marisol Soneira revela que o Parlamento prohíbe a entrada de dúas persoas ás instalacións do Grupo Parlamentario do PSdeG
Fálase
O BNG pide que o Concello de Lugo lle cobre o IBI á Igrexa, logo da sentenza que ampara o cobro deste imposto á diócese de Ourense no Concello de Allariz. “Que paguen relixiosamente como o resto dos cidadáns e empresas”, reivindica o voceiro nacionalista, Antón Bao.
Mario Draghi comparecerá no Congreso a porta pechada. O presidente do BCE esixe que durante a súa intervención non haxa gravacións, actas nin transcricións das súas palabras.
O secretario das infantas, imputado polo xuíz do caso Nóos. Carlos García Revenga está citado a declarar o vindeiro 23 de febreiro, tal e como conta El Diario.
O BNG solicita a comparecencia de Montoro e da SEPI pola negativa a construír o dique flotante nos estaleiros da ría de Ferrol.
Pilar Rojo considera os incidentes no Parlamento un "atentado a unha alta institución do Estado", un acto "ilícito" ante o que tomará "as medidas oportunas". Toda a información, esta mañá en Praza.
Pilar Rojo suspende o pleno do Parlamento, despois de que varios representantes do naval de Ferrol e dos traballadores da USC, convidados por AGE e BNG, fosen quen de acceder á tribuna de convidados do hemiciclo.
O PP resposta en Twitter á protesta dos grupos da oposición sentenzando que este será un "día non traballado e cobrado" para os e as representantes de PSdeG, AGE e BNG.
Os deputados e deputadas de PSdeG, AGE e BNG abandonan o pleno do Parlamento pola prohibición de que os grupos conviden a cidadanía ás sesións. Só permanecen os líderes dos grupos da oposición: Pachi Vázquez, Xosé Manuel Beiras e Francisco Jorquera. Máis información, esta mañá en Praza.
- O Parlamento está a esta hora blindado por unha importante dotación de antidisturbios mentres comezan as primeiras protestas previstas para hoxe