O pleno extraordinario do Concello de Santiago, con só 4 dos 13 edís cos que conta o PP, oficializa en 2 minutos as renuncias e novas incorporacións.
Fálase
Preséntase en Compostela a plataforma contra a corrupción no Concello, formada por unha ducia de organizacións políticas e sociais. Convocan unha asemblea aberta para o vindeiro día 25. A información, hoxe en Praza.
Xa está en marcha en Lugo o primeiro seminario sobre goberno aberto. Organizado pola Deputación provincial e a USC, aborda con expertos na materia os mecanismos de participación cidadá e transparencia a través da tecnoloxía.
Un incendio permanece activo en Ribadeo, na parroquia da Devesa, despois de queimar xa máis de 20 hectáreas. A Xunta dá por controlados os dous rexistrados onte en Rubiá (Ourense), onde arderon unhas 47 e 83 hectáreas, respectivamente.
O Goberno de España tenta frear cun recurso o recoñecemento do Goberno vasco ás vítimas de abusos policiais sufridos entre 1960 e 1978. Cóntao Deia.
Este mediodía ás 13:00 o pleno do Concello de Santiago tomará coñecemento das baixas de nove edís, das renuncias de membros da lista do PP e das incorporacións de Agustín Hernández e do resto do seu equipo, composto na maioría por persoas non elixidas nas eleccións.
O xefe antiterrorista da Policía 'empotra' a súa filla nunha operación para que o conte no xornal da súa facultade. Cóntao El Diario.
Ethel Vázquez, directora de Infraestruturas e ex directora de Augas de Galicia, será a nova conselleira de Infraestruturas, segundo anunciou a Xunta a pasada noite. A substituta de Agustín Hernández toma posesión no Pazo de Raxoi ás 9 da mañá.
Carlos Reigosa (A vitoria do perdedor), Juan Gabriel Vásquez (Las reputaciones) e Jöel Dicker (La Vérité sur l'affaire Harry Quebert), gañadores da vixésima edición dos premios literarios San Clemente nas modalidades de lingua galega, castelá e estranxeira, respectivamente.
A Xunta informa dun incendio de máis de 20 hectáreas en Rubiá (Ourense) que, asegura, "non afecta ao parque natural da Serra da Enciña da Lastra". Segundo Medio Rural outro incendio no mesmo Concello, na parroquia do Porto, atópase máis próximo ao parque pero, cando menos polo momento, tampouco lle afecta.