O Congreso norteamericano aproba o plan contra o abismo fiscal por 257 votos a favor e 167 en contra. O proxecto mantén as rebaixas fiscais para a maioría dos estadounidenses e apraza dous meses os drásticos recortes automáticos do gasto público
O Congreso norteamericano aproba o plan contra o abismo fiscal por 257 votos a favor e 167 en contra. O proxecto mantén as rebaixas fiscais para a maioría dos estadounidenses e apraza dous meses os drásticos recortes automáticos do gasto público
Porqueira recibiu dúas axudas por case medio millón de euros para a construción dunha piscina cando é un dos concellos de Galicia con máis débeda, que chega á metade do seu orzamento. A obra está, ademais, rodeada de polémica, pois a Deputación expropiou a veciños para executar a obra tras anos de pleitos municipais e con sentenzas en contra
Praza non se actualizará este martes por descanso dos seus traballadores. Feliz ano!
O prezo dos servizos básicos incrementarase en xaneiro. Electricidade, a telefonía, o tren ou o transporte por estrada subirán este martes
Obama comparece ante os medios a poucas horas para que se esgote o prazo para evitar o abismo fiscal nos Estados Unidos. Afirma que as negociacións entre demócratas e republicanos avanzan pero que ainda faltan algúns detalles para pechar un acordo. Na súa intervención amósase moi critico coa actitude do Congreso: "preferiria un grande acordo de máximos, pero iso era demasiado para pedirlle a este Congreso".
Esta noite enviaranse de 40.000 a 50.000 millóns de SMS en todo o mundo, a pesar da popularización de servizos gratuitos de mensaxeria para smartphones coma o Whatsapp ou o Line. O uso destes programas fará que se dispare igualmente o tráfico de datos nos servizos de telefonia.
O 85% dos traballadores do Hostal dos Reis Católicos secundan a folga convocada en protesta polo ERE anunciado por Paradores. O paro continuará o dia 1.
As integrantes do C.H.L Meigas veñen de participar no Élite Camp, un campus organizado por la Federación Española de Hockey Línea, xunto cos var,as xogadoras da selección española.
O xornalista Fernando Ónega coprotagoniza a "senlleira" mensaxe de fin de ano do grupo Os da Ría, que desexan moitas "xirimías" para o ano 2013.
A esta hora o presidente da Xunta pronuncia a súa mensaxe de fin de ano dende a Casa da Matanza, en Padrón, na que viviu Rosalía de Castro. A información, nuns minutos en Praza.