#onosoderbi O primeiro derbi galego da vindeira Liga entre xogarase o 23 de outubro en Balaídos. O partido de volta entre Déportivo da Coruña e Celta de Vigo será en Riazor, o 19 de marzo. A LFP vén de facer público todo o calendario de primeira división.
Fálase
Xabier P. DoCampo, o Correlingua e as escolas Semente, premios Rosalía de Castro de promoción da lingua galega que organiza a Deputación da Coruña. O xurado dos galardóns -na imaxe- destaca o compromiso do escritor, da carreira pola lingua e das escolas co impulso do galego entre a infancia e a mocidade.
Méndez Romeu anuncia que deixa a política activa, pero seguirá a militar no PSdeG, segundo conta Europa Press. O ex-conselleiro e aínda deputado perdeu as primarias dos socialistas galegos fronte a Xoaquín Fernández Leiceaga.
A Xunta pechará 13 escolas unitarias o vindeiro curso. A Consellería de Educación di que emprega o mesmo criterio dos últimos anos, que conten con cinco ou menos alumnos.
Minutos de silencio en cidades e vilas galegas polo ataque de Niza. As administracións están convocando concentracións ás 12.00 horas por toda Galicia. Parlamento de Galicia, Delegación do Goberno ou concellos, como o de Santiago, son algunhas das xa confirmadas.
A Fiscalía impide que se investigue a Fernández Díaz polas gravacións no seu despacho que amosan manobras sobre investigacións policiais a rivais políticos.
PP e PSOE volven dicir "non" ao grupo propio para En Marea e o resto de confluencias de Podemos no Congreso. Cóntao Aitor Riveiro en eldiario.es
Medallas de Ouro de Galicia 2016 para Los Suaves, Basilio Losada, Manuel Gallego Jorreto e Francisco Leiro. As distintincións veñen de ser aprobadas polo Consello da Xunta e serán entregadas o vindeiro día 24.
O PP de Ourense anuncia que Baltar foi "convidado" a participar na convención do Partido Demócrata dos Estados Unidos como "observador". Nos últimos meses o tamén presidente da Deputación ourensá asinou diversos acordos dende a institución coa entidade norteamericana Advanced Leadership Foundation, cuestionados pola oposición a causa das achegas económicas asignadas.
O triatleta Javier Gómez Noya perderá os Xogos Olímpicos tras sufrir unha fractura nun brazo durante un adestramento en Lugo, segundo adianta a TVG