O Concello de Sanxenxo atende ás críticas e pasa a tuitear tamén en galego
Fálase
Pescanova pagou en negro a testaferros para ocultar a súa débeda millonaria. A dirección daba ordes ás filiais de como emitir facturas falsas.
Facebook censura unha imaxe no perfil do diario El Mundo coa que ilustraba as denuncias de agresións sexuais nas festas do San Fermín.
Un cine de Barcelona lanza unha tarifa plana de 30 euros ao ano para fidelizar a súa clientela e, así, financiar a dixitalización dunha das súas salas. Cóntao o diario Ara
Máis dun milleiro de persoas maniféstanse na Coruña contra a "criminalización dos movementos sociais" logo das case 20 sancións impostas a activistas na cidade. Os concentrados pediron a dimisión do delegado do Goberno, Samuel Juárez.
Cada ano se producen no Estado unhas 4.000 agresións baseadas no racismo e na discriminación. É a conclusión dun informe do Movimiento contra la Intolerancia recollido pola Cadena SER, no que tamén se alerta do ascenso dos grupos de ultradereita ao abeiro da crise económica.
Onte producíronse varios incendios en Galicia a causa dos lóstregos. A Xunta non informou de ningún.
Vigo sae á rúa en defensa do naval e contra a intención da Comisión Europea de facer devolver as bonificacións fiscais do tax lease. Toda a información, aquí. Imaxe de @galizacig.
O PP veta a comparecencia de Rajoy no Congreso. O grupo popular négase a que o presidente dea explicacións.
A CNMV investigará a Pescanova polo presunto falseamento das súas contas.