Vigo sae á rúa en defensa do naval e contra a intención da Comisión Europea de facer devolver as bonificacións fiscais do tax lease. Toda a información, aquí. Imaxe de @galizacig.

Vigo sae á rúa en defensa do naval e contra a intención da Comisión Europea de facer devolver as bonificacións fiscais do tax lease. Toda a información, aquí. Imaxe de @galizacig.
O PP veta a comparecencia de Rajoy no Congreso. O grupo popular négase a que o presidente dea explicacións.
A CNMV investigará a Pescanova polo presunto falseamento das súas contas.
O Concello de Sanxenxo (PP) xustifica utilizar unicamente o castelán nas redes sociais por ser "un municipio de turismo español"
Almunia insiste en reclamar a devolución do tax lease entre 2005 e 2011. Toda a información, esta tarde en Praza.
O Constitucional suspende o decreto andaluz contra os desafiuzamentos. Autorizaba a expropiación temporal de vivendas en procedementos de desaloxo instados por entidades financeiras.
#consellodaxunta A Fundación Penzol e a ONCE recibirán a Medalla de Ouro de Galicia. Tamén a recibirá, a título póstumo, o socialista galego Ceferino Díaz, recentemente falecido.
#consellodaxunta A Xunta presenta un plan contra "o emprego non declarado". Asegura Rueda que se trata de "combater a economía mergullada" e "protexer traballadores e empresas"
#consellodaxunta A Xunta persoarase como acusación en todos os casos de violencia machista "con vítima mortal", segundo vén de informar o vicepresidente Alfonso Rueda
O Festigal vén de facer público o seu cartel deste ano, con artistas como A Quenlla, Sés, Nao ou os Festicultores.