Almunia insiste en reclamar a devolución do tax lease entre 2005 e 2011. Toda a información, esta tarde en Praza.
Fálase
O Constitucional suspende o decreto andaluz contra os desafiuzamentos. Autorizaba a expropiación temporal de vivendas en procedementos de desaloxo instados por entidades financeiras.
#consellodaxunta A Fundación Penzol e a ONCE recibirán a Medalla de Ouro de Galicia. Tamén a recibirá, a título póstumo, o socialista galego Ceferino Díaz, recentemente falecido.
#consellodaxunta A Xunta presenta un plan contra "o emprego non declarado". Asegura Rueda que se trata de "combater a economía mergullada" e "protexer traballadores e empresas"
#consellodaxunta A Xunta persoarase como acusación en todos os casos de violencia machista "con vítima mortal", segundo vén de informar o vicepresidente Alfonso Rueda
O Festigal vén de facer público o seu cartel deste ano, con artistas como A Quenlla, Sés, Nao ou os Festicultores.
Traballadores do naval comézanse a mobilizar en Vigo ante a xuntanza clave polo naval en Bruxelas. Varias columnas de operarios confluirán na Axencia Europea de Control da Pesca. Imaxe de @rubenperezeu.
Anonymous ataca por segunda vez en dous meses a páxina web do Partido Popular de Pontevedra. Os activistas cambiaron o logotipo dos populares por outro mitade gaivota mitade buitre.
Nace en Catalunya a plataforma Junts a Europa para apoiar a conformación dunha candidatura catalanista unitaria nas vindeiras eleccións europeas.
O presidente de Portugal veta o acordo PSD-PP para manter a maioría do Executivo de Passos Coelho e reclama un goberno de "salvación nacional", no que tamén se integre o Partido Socialista. Cóntao o xornal Público.