#consellodaxunta A Fundación Penzol e a ONCE recibirán a Medalla de Ouro de Galicia. Tamén a recibirá, a título póstumo, o socialista galego Ceferino Díaz, recentemente falecido.

#consellodaxunta A Fundación Penzol e a ONCE recibirán a Medalla de Ouro de Galicia. Tamén a recibirá, a título póstumo, o socialista galego Ceferino Díaz, recentemente falecido.
#consellodaxunta A Xunta presenta un plan contra "o emprego non declarado". Asegura Rueda que se trata de "combater a economía mergullada" e "protexer traballadores e empresas"
#consellodaxunta A Xunta persoarase como acusación en todos os casos de violencia machista "con vítima mortal", segundo vén de informar o vicepresidente Alfonso Rueda
O Festigal vén de facer público o seu cartel deste ano, con artistas como A Quenlla, Sés, Nao ou os Festicultores.
Traballadores do naval comézanse a mobilizar en Vigo ante a xuntanza clave polo naval en Bruxelas. Varias columnas de operarios confluirán na Axencia Europea de Control da Pesca. Imaxe de @rubenperezeu.
Anonymous ataca por segunda vez en dous meses a páxina web do Partido Popular de Pontevedra. Os activistas cambiaron o logotipo dos populares por outro mitade gaivota mitade buitre.
Nace en Catalunya a plataforma Junts a Europa para apoiar a conformación dunha candidatura catalanista unitaria nas vindeiras eleccións europeas.
O presidente de Portugal veta o acordo PSD-PP para manter a maioría do Executivo de Passos Coelho e reclama un goberno de "salvación nacional", no que tamén se integre o Partido Socialista. Cóntao o xornal Público.
Pescanova ocultou de forma consciente un buraco de máis de 900 millóns de euros, segundo recolle a auditoría das súas contas. En El País.
Dende as 12 da mañá o presidente da Xunta participa, xunto ao lehendakari, o presidente asturiano e o ministro de Industria, nunha xuntanza en Bruxelas co comisario da competencia, Joaquín Almunia. A delegación tentará que a Comisión Europea reconsidere a súa decisión sobre a devolución do tax lease.