O PSOE perdeu máis de 40.000 militantes desde 2012. O partido perdeu case 20.000 con Rubalcaba á fronte e máis de 21.000 con Pedro Sánchez como secretario xeral.
Fálase
Os soldos estáncanse en Galicia e a renda dispoñible só crece grazas ao aforro. O país ocupa o quinto posto por baixo nos ingresos por traballo.
O Goberno central medita que as autonomías se fagan cargo das pensións de viuvez pola crise do sistema. Suporía desligar estras prestacións da Seguridade Social, o que permitiría a Emprego acabar co déficit.
O Celta remonta ante o Valencia (2-1) con goles de Guidetti e Roncaglia e sitúase na parte alta da clasificacion de Primeira.
Yolanda Díaz cre que "algo fallou" na campaña de En Marea para o 25-S e recoñece "magnífica" a que fixo o BNG. Nunha entrevista na Radio Galega, asegura que "reabrir o debate sobre a integración de Podemos na Marea sería un erro brutal".
O PP quere regular as redes sociais para reforzar o dereito ao honor. Vén de rexistar unha proposición non de lei no Congreso para reformar a lei orgánica de protección do dereito ao honor, á intimidade e á propia imaxe.
Ana Pontón cre que "En Marea equivócase de inimigo e confunde as prioridades" e adianta unha asemblea do BNG para o vindeiro febreiro. Contouno nunha entrevista en Radio Galicia.
O Popular pecha un acordo para reducir en case 2.600 os empregos en todo o Estado mediante prexubilacións e outras modalidades de carácter voluntario. Queda por ver cantos afectan a Galicia, onde se prevían 435 baixas.
O Comité Cidadán de Emerxencia denuncia unha nova "infracción grave" de Reganosa ao atracar á vez dous buques na planta de gas a menos de 200 metros. É, segundo din, un novo incumprimento da normativa de seguridade.
O servizo secreto saca a Trump dun mitin por unha ameaza que non era real. Velaquí o vídeo.