O PP quere regular as redes sociais para reforzar o dereito ao honor. Vén de rexistar unha proposición non de lei no Congreso para reformar a lei orgánica de protección do dereito ao honor, á intimidade e á propia imaxe.
Fálase
Ana Pontón cre que "En Marea equivócase de inimigo e confunde as prioridades" e adianta unha asemblea do BNG para o vindeiro febreiro. Contouno nunha entrevista en Radio Galicia.
O Popular pecha un acordo para reducir en case 2.600 os empregos en todo o Estado mediante prexubilacións e outras modalidades de carácter voluntario. Queda por ver cantos afectan a Galicia, onde se prevían 435 baixas.
O Comité Cidadán de Emerxencia denuncia unha nova "infracción grave" de Reganosa ao atracar á vez dous buques na planta de gas a menos de 200 metros. É, segundo din, un novo incumprimento da normativa de seguridade.
O servizo secreto saca a Trump dun mitin por unha ameaza que non era real. Velaquí o vídeo.
Feijóo: "Rajoy e eu somos a garantía de que Galicia terá o peso político que lle corresponde en Madrid". O presidente da Xunta fala nunha entrevista para o Faro de Vigo.
O Deportivo empata en Granada malia adiantarse no marcador. Un tanto de Andone puxo o 0-1 pero os andaluces empataron a pouco do final.
Fernández de Mesa posa como os xenerais do século XIX para a galería da Garda Civil. Retrátase coa banda da Gran Cruz Naval, medallas no peito e bastón de mando para o cadro que deixan os ex-directores e causa malestar na cúpula do corpo pola súa impostura.
Caballero advirte que o párking do Cunqueiro podería ser de balde só para vigueses. O rexedor volve criticar as tarifas que a concesionaria cobra no aparcadoiro do hospital.
Detido en Francia o xefe de ETA, Mikel Irastorza. Substituíra na dirección a David Pla e Iratxe Sorzabal. Interior non descarta novas detencións nas vindeiras horas.