Detido en Francia o xefe de ETA, Mikel Irastorza. Substituíra na dirección a David Pla e Iratxe Sorzabal. Interior non descarta novas detencións nas vindeiras horas.
Fálase
O presidente da CEOE nega as declaracións machistas "que se lle atribúen", inicialmente publicadas polo diario Levante. Así o manifesta a patronal nun comunicado
O PP anuncia a reactivación da comisión de investigación sobre as caixas galegas no Parlamento. Este órgano leva paralizado dende outubro de 2013 e nos últimos anos a oposición reclamou, sen éxito, ampliar o seu traballo.
O presidente da CEOE di que a incorporación das mulleres ao traballo é "un problema". Joan Rosell tamén quitou importancia á precariedade laboral: "Entre non ter traballo e ter un que non che gusta, mellor ter traballo".
Extel executará o ERE con 107 despidos na Coruña fronte aos 205 previstos inicialmente. A empresa asegura que todas as baixas son voluntarias. Máis información, hoxe en Praza.
O novo ministro de Fomento pediu o pasado xullo unha investigación sobre o accidente de Angrois. Íñigo de la Serna deu "apoio expreso", como alcalde de Santander, a unha petición unánime secundada por todos os grupos municipais da capital cántabra. A investigación, que veñen esixindo as vítimas, foi considerada "absurda" e "miserable" polo PP no Congreso. [A partir do punto 4:26:00 da gravación].
Feijóo di estar satisfeito por que haxa un ministro de Fomento "do norte" tras a ausencia de cota do PPdeG no novo gabinete de Rajoy. Este departamento do Goberno de España tivo titular galego dende 2009.
Detida a alcaldesa catalá de Berga, acusada de delito electoral por non descolgar unha 'estelada'. Os Mossos d'Esquadra detiveron esta mañá a Montserrat Venturós, da CUP, logo de non comparecer dúas veces a declarar.
O xuíz dos ERE abre xuízo oral contra os ex-presidentes andaluces Chaves e Griñán. Anticorrupción pide seis anos de cadea para o primeiro e dez de inhabilitación para o segundo. Varios ex-conselleiros sentarán tamén no banco dos acusados.
O Ministerio de Cultura anula o Premio de Tradución ao incumprir as súas propias regras. Luis Baraiazarra traduciu ao éuscaro as obras de Santa Teresa pero o galardón só se concede a obras escritas en lingua estranxeira.