O xuíz dos ERE abre xuízo oral contra os ex-presidentes andaluces Chaves e Griñán. Anticorrupción pide seis anos de cadea para o primeiro e dez de inhabilitación para o segundo. Varios ex-conselleiros sentarán tamén no banco dos acusados.
Fálase
O Ministerio de Cultura anula o Premio de Tradución ao incumprir as súas propias regras. Luis Baraiazarra traduciu ao éuscaro as obras de Santa Teresa pero o galardón só se concede a obras escritas en lingua estranxeira.
O Celta cae en Ámsterdam ante o Ajax (3-2) na Europa League. Así cantaron os 1.500 seareiros celestes en Holanda o himno galego ao final do partido.
Esta é a nova composición do Goberno de España. Os detalles, este serán en Praza.
O cinema Numax, GCiencia e o Festival Agrogay da Ulloa, candidatos ao Premio do Público no Culturgal 2016. As votacións están xa abertas na web da feira das industrias culturais.
O Supremo do Reino Unido ditamina que a activación do Brexit require a aprobación previa do Parlamento británico. Está a contalo The Guardian
O paro rexistrado sobe en outubro en 4.604 persoas en Galicia (+2,4%) e descende con respecto a hai un ano en máis de 23.000. O número de desempregados queda en 198.940, segundo datos do Ministerio de Emprego. O número de afiliados á Seguridade Social descende en 1.335 e aumenta con respecto a hai un ano (20.346). Máis información, esta mañá en Praza.
Abel Caballero pide a Susana Díaz que opte á secretaría xeral do PSOE. O alcalde de Vigo pide un paso adiante da presidenta andaluza mentres intenta impulsar unha nova xestora provisional no PSdeG.
Dous menores fugados do centro investigado en Vigo denuncian maltratos e humillacións. As monxas teríanos ameazado por relatar a súa situación ao diario Público.
PP e PSOE únense na Coruña para evitar o cambio da taxa de depuración que apoiaron no consello da depuradora de Bens. O alcalde renuncia a modificar os impostos para evitar unha baixada do IBI "inxusta".