O cinema Numax, GCiencia e o Festival Agrogay da Ulloa, candidatos ao Premio do Público no Culturgal 2016. As votacións están xa abertas na web da feira das industrias culturais.
Fálase
O Supremo do Reino Unido ditamina que a activación do Brexit require a aprobación previa do Parlamento británico. Está a contalo The Guardian
O paro rexistrado sobe en outubro en 4.604 persoas en Galicia (+2,4%) e descende con respecto a hai un ano en máis de 23.000. O número de desempregados queda en 198.940, segundo datos do Ministerio de Emprego. O número de afiliados á Seguridade Social descende en 1.335 e aumenta con respecto a hai un ano (20.346). Máis información, esta mañá en Praza.
Abel Caballero pide a Susana Díaz que opte á secretaría xeral do PSOE. O alcalde de Vigo pide un paso adiante da presidenta andaluza mentres intenta impulsar unha nova xestora provisional no PSdeG.
Dous menores fugados do centro investigado en Vigo denuncian maltratos e humillacións. As monxas teríanos ameazado por relatar a súa situación ao diario Público.
PP e PSOE únense na Coruña para evitar o cambio da taxa de depuración que apoiaron no consello da depuradora de Bens. O alcalde renuncia a modificar os impostos para evitar unha baixada do IBI "inxusta".
Denuncian 4.000 galegos en catro anos por abandonar o coche no monte. A competencia para multar é dos concellos e as sancións poden chegar aos 900 euros.
O prezo do leite galego segue por baixo do custo de produción malia subir un chisco en setembro, ata os 28 céntimos por litro.
O voceiro de Podemos no Senado sinala que vendeu o seu piso protexido por non poder pagar a hipoteca. Ramón Espinar afirmouno en rolda de prensa en resposta á información publicada pola Cadena SER.
A localidade portuguesa de Matosinhos inaugura a Praça do Eixo Atlântico con representantes de concellos de Galicia e Portugal. Con esta inauguración conclúen os actos de Matosinhos como Capital Cultural do Eixo.