ÚLTIMA HORA: Rajoy rexeita presentarse á investidura malia que onte dixo que si o faría. Desbotou o ofrecemento do rei, segundo un comunicado da Casa Real.
Fálase
ÚLTIMA HORA: O rei propón a Rajoy como candidato á investidura.
O Parlamento galego publica unhas declaracións de Rajoy no seu perfil oficial de Twitter nas que advirte que presentará a súa candidatura a presidir o Goberno central.
O PP, citado a declarar como imputado por destruír os ordenadores de Bárcenas. Convértese no primeiro partido político imputado
Pedro Sánchez responde á proposta de Pablo Iglesias que "a democracia ten os seus tempos", instando a deixar que Rajoy tente ser investido, pero sinala que "os votantes de Podemos e PSOE non entenderían que non nos puxésemos de acordo". Mantéñense as presións para que Sánchez non forme un goberno de cambio, coma a que realiza El País a través dun editorial.
Podemos ofrece formar un goberno con PSOE e IU, presidido por Pedro Sánchez e con Pablo Iglesias como vicepresidente. "Queremos formar un Goberno de cambio e de progreso", sinala Iglesias despois da audiencia mantida con Felipe VI. Propón unha serie de medidas urxentes para os 100 primeiros días de Goberno e iniciar o proceso para levar a cabo cambios constitucionais. Iglesias destaca que esxiste "unha presión enorme para que o PSOE non goberne con nós: non teñan medo, a xente quere cambio"
A familia de Teis (Vigo) que estaba a piques de ser desaloxada da súa vivenda, recibirá do IGVS un piso na cidade, segundo informa o colectivo Os Ninguéns. Nas últimas semanas denunciaran a súa situación, pola que tres persoas, unha delas cunha discapacidade do 49%, podían quedar na rúa.
O Nobel Joseph Stiglitz sinala en Davos que "coa política de austeridade rompéronse familias enteiras" e que "o que se lles fixo aos españois é un desastre"
O alcalde da Gudiña faleceu este xoves, por mor dun infarto, cando estaba nunha xuntanza no Hospital de Verín con responsables do SERGAS
O Tribunal Supremo declara abusivas 32 cláusulas solo de contratos bancarios de BBVA e Banco Popular. A sentenza confirma un ditame de 2013 e desestima os recursos presentados polas entidades, que nestes casos deberán eliminar a cláusula e devolverlles os cartos aos clientes