Teresa Táboas estaría considerando afastarse da política, segundo conta Xabier Blanco en La Región
Fálase
O PSOE lanza un vídeo viral con imaxes do debate da campaña electoral entre Rajoy e Rubalcaba que repasa as promesas feitas polo presidente do Goberno ("o que non levo no meu programa non o fago") e os augurios do candidato socialista de que o PP subiría o IVE ou realizaría recortes en ensino e sanidade
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público formada por CIG, BNG, Galiza Nova, Liga e AS-PG, entre outros colectivos, convoca concentracións este martes ás 19.30 horas en todas as cidades en protesta polos recortes.
O movemento 5 Stelle de Beppe Grillo, terceira forza máis votada nas eleccións municipais celebradas en Italia este domingo e luns. Os seus candidatos acudirán á segunda volta en Parma ou Xénova e acadan algunhas alcaldías en localidades de menor tamaño.
Gara especula sobre o adianto electoral en Euskadi, despois da ruptura do acordo entre Basagoiti e López. Os comicios poderían ser en outono, se o PSE non é quen de aprobar os orzamentos.
O Financial Times critica con dureza a Bankia e a solución adoptada polo Goberno de Rajoy: "a que unha vez foi milagrosa solución de Bankia vese agora polos expertos como unha chapuza que podería custarlle ao contribuínte español moito máis dos 4.500 millóns que recibíu cando se creou hai dous anos"
A Generalitat aprobará hoxe medidas para plantar cara á "recentralización" do Estado
- Novo peche contra a suba das taxas. A Liga Estudantil Galega mobilízase na biblioteca de Fonseca, en Santiago.
A única oferta pola web de Público é a realizada por un colectivo de ex traballadores da cabeceira, que pagarían 240 mil euros e se comprometen a subrogar 12 dos 24 contratos actuais do dixital. O 12 de maio estes traballadores distribuirán unha edición en papel do xornal, con 32 páxinas e a colaboración dalgunhas sinaturas coñecidas de Público, coma Ignacio Escolar.
O líder dos conservadores gregos, Antonis Samara, informa de que foi incapaz de formar goberno en Grecia. Agora o presidente grego, Karolos Papoulias, reunirase con Alexis Tsipras, líder de Syriza, para que a coalición de esquerdas intente acadar unha maioría