A única oferta pola web de Público é a realizada por un colectivo de ex traballadores da cabeceira, que pagarían 240 mil euros e se comprometen a subrogar 12 dos 24 contratos actuais do dixital. O 12 de maio estes traballadores distribuirán unha edición en papel do xornal, con 32 páxinas e a colaboración dalgunhas sinaturas coñecidas de Público, coma Ignacio Escolar.
Fálase
O líder dos conservadores gregos, Antonis Samara, informa de que foi incapaz de formar goberno en Grecia. Agora o presidente grego, Karolos Papoulias, reunirase con Alexis Tsipras, líder de Syriza, para que a coalición de esquerdas intente acadar unha maioría
Rajoy sabía que Rodrigo Rato ía dimitir. O presidente de Bankia mantiña discrepancias co Goberno polo plan de saneamento para a entidade que presidía.
Os primeiros resultados nas eleccións municipais celebradas en moitas cidades de Italia este domingo e luns sinalan un ascenso xeral do centro esquerda e un descenso das forzas conservadoras (PdL e Lega). Hai que salientar, igualmente, a irrupción do movemento 5 Stelle do cómico Beppe Grillo, oposto ao tradicional bipartidismo, que se sitúa en segunda posición en Xénova ou Parma.
Feijóo insiste en que a Xunta pedirá para NCG Banco "igualdade de trato" con outras entidades financeiras logo de coñecerse o rescate que o Goberno fará de Bankia.
Os sindicatos do naval en Vigo convocan unha folga de media xornada para o vindeiro xoves. Ademais, celebrarán unha manifestación o vindeiro sábado, co obxectivo de demandar á Xunta e ao Goberno central unha resposta "contundente" para evitar que o sector "morra".
Rodrigo Rato dimite como presidente de Bankia. Anuncia nun comunicado a súa intención de deixar os seus cargos e propón como substituto a José Ignacio Goirigolzarri, ex conselleiro delegado do BBVA até 2009.
O diario La Razón adianta que Rodrigo Rato deixará a presidencia de Bankia e proporá como substituto a José Ignacio Goirigolzarri, que levou 60 millóns de euros tras marchar do BBVA.
Os Homens da Luta representan a "Caçada do Rei de Espanha" na SIC portuguesa
A Liga Estudantil Galega comeza un peche na Biblioteca de Torrecedeira en Vigo contra a suba das taxas anunciada polo Goberno central