Os Homens da Luta representan a "Caçada do Rei de Espanha" na SIC portuguesa
Fálase
A Liga Estudantil Galega comeza un peche na Biblioteca de Torrecedeira en Vigo contra a suba das taxas anunciada polo Goberno central
Guillerme Vázquez prevé "unha venda a preza de saldo a calquera entidade estatal" de Novagalicia Banco, xa que, na súa opinión, o seu futuro "está decidio politicamente desde hai tempo".
A banca estadounidense advirte a Grecia que o resultado das súas eleccións eleva até o 75% as posibilidades de que o país abandone o euro, tal e como apuntan analistas da entidade norteamericana Citigroup.
Bankia recibirá un apoio público de entre 7.000 e 10.000 millóns de euros a través do FROB. A cantidade é a mesma que o Goberno central prevé recortar en Sanidade e Educación.
Vilaweb realiza unha Radiografía da nova esquerda grega, analizando as forzas que conforman Syriza, a coalición de esquerdas que onte se converteu na segunda formación máis votada nas eleccións.
"A ciencia abandonada". La Información fai un repaso aos centros de investigación paralizados pola falta de financiamento e de persoal.
A produción industrial cae en Galicia un 11,7%, máis dun punto por riba da media estatal (10,4%), en relación a hai un ano. Só aumenta en Canarias, Murcia e Cantabria.
Rajoy subirá o IVA se o ve preciso e comprométese a deixar os impostos tal e como estaban antes de chegar ao Goberno ou incluso baixalos.
Basagoiti dá por rematado o pacto co PSE e pide un adianto electoral, xa que considera que o Goberno vasco está "esgotado".