A banca estadounidense advirte a Grecia que o resultado das súas eleccións eleva até o 75% as posibilidades de que o país abandone o euro, tal e como apuntan analistas da entidade norteamericana Citigroup.
Fálase
Bankia recibirá un apoio público de entre 7.000 e 10.000 millóns de euros a través do FROB. A cantidade é a mesma que o Goberno central prevé recortar en Sanidade e Educación.
Vilaweb realiza unha Radiografía da nova esquerda grega, analizando as forzas que conforman Syriza, a coalición de esquerdas que onte se converteu na segunda formación máis votada nas eleccións.
"A ciencia abandonada". La Información fai un repaso aos centros de investigación paralizados pola falta de financiamento e de persoal.
A produción industrial cae en Galicia un 11,7%, máis dun punto por riba da media estatal (10,4%), en relación a hai un ano. Só aumenta en Canarias, Murcia e Cantabria.
Rajoy subirá o IVA se o ve preciso e comprométese a deixar os impostos tal e como estaban antes de chegar ao Goberno ou incluso baixalos.
Basagoiti dá por rematado o pacto co PSE e pide un adianto electoral, xa que considera que o Goberno vasco está "esgotado".
Os mercados responden ás eleccións gregas e francesas. A prima de risco en España sitúase ao borde dos 430 puntos básicos, cun repunte superior aos dez, mentres que o Ibex cae un 1,82% na apertura. A Bolsa de Atenas derrúbase un 7,4%, unha caída que chega ao 19% na cotización dos seus principais bancos.
O PP catalán dálle un xiro ao seu discurso e a súa presidenta, Alicia Sánchez-Camacho, asegura que a dirección estatal dos conservadores agora está disposta a abordar temas sobre os que antes "nin sentaba a falar". En Ara.
Rajoy admite que podería usar cartos públicos para sanear a banca. Di que se anunciarán "importantes medidas" neste senso o vindeiro venres