Rajoy admite que podería usar cartos públicos para sanear a banca. Di que se anunciarán "importantes medidas" neste senso o vindeiro venres
Fálase
O Club Ourense Baloncesto vence ao Araberri no segundo partido da súa eliminatoria de ascenso á LEB Ouro (94-92) e sitúase a un triunfo de acceder á final da categoría, que decidirá quen sobe de categoría.
A entrada de IU no goberno andaluz preocupa aos taurinos, que lle piden a Griñán un apoio explícito ás touradas, fronte a unha coalición de esquerdas que levaba no seu programa a retirada das axudas públicas a este espectáculo e a promulgación dunha lei contra o maltrato animal.
O 15M reactiva o movemento veciñal en toda España. Reportaxe de Público.
O vicepresidente norteamericano, Joseph Biden, declarouse favorable aos matrimonios homosexuais a menos de seis meses das eleccións presidenciais
En Serbia houbo eleccións lexislativas, municipais e presidenciais. Rexistrouse un aumento da abstención e un empate entre o proeuropeísta Boris Tadic do Partido Democrático e o ultranacionalista Tomislav Nikolic, do Partido Progresista, que desputarán a segunda volta.
Tamén houbo eleccións en Alemaña, no pequeno land de Schleswig-Holstein, onde a CDU de Angela Merkel sufriu unha nova derrota e no que todo apunta a un goberno de coalición entre SPD, verdes e minoría dinamarquesa. A outra noticia estivo na irrupción do Partido Pirata, que entrou no Parlamento cun 8,2% dos votos.
Eleccións en Grecia. Co 98,37% do escrutinio realizado, confírmase que non haberá maioría social-conservadora no Parlamento grego: a dereita de Nova Democracia obtén 141 escanos (+17, -14,6%) e o Pasok 48 (-112, -30,7%). Deste xeito, unha posible coalición entre ambos, xa proposta polo líder de Nova Democracia, ficaría a 2 escanos da maioría absoluta no Parlamento. Na esquerda, Syriza suma 52 (+38, +12,2%) escanos, polos 26 (+5, +0,9%) do KKE e os 19 da Esquerda Democrática (6,1%). Na dereita, Gregos Independentes faise con 33 (10,6%) e os neonazis de Alba Dourada con 21 (+21, +6,68%). Tanto Esquerda Democrática -escisión de Syriza- como Gregos Independentes -escisión de Nova Democracia- concorrían pola primeira vez a unhas eleccións.
#twitterengalego A reivindicación tuiteira para lograr unha versión en galego desta rede social comeza forte, converténdose en trending topic estatal en apenas unha hora
Así titula Libération a vitoria de Hollande nas eleccións francesas.