Chacón defende a continuidade das deputacións provinciais e recibe os aplausos máis tímidos da súa intervención.
Fálase
Chacón critica agora "a prepotencia da dereita alemá", á que culpa da "crise do proxecto europeo". ""Europa é un espazo onde un dá ordes (Merkel) e os demáis obedecemos"
Carme Chacón lanza agora mensaxes ao 15M e á esquerda, tanto na reforma dos mecanismos de representación e participación (ILP, escano 351...) coma no control dos mercados e a especulación inmobiliaria, coma na laicidade do Estado. Fai tamén unha referencia -moi breve- á diversidade do Estado e ao seu carácter plurinacional.
Chacón reivindica a Zapatero, que non está presente hoxe no Congreso. Pódese seguir en directo a súa intervención aquí
Comeza a intervención de Carme Chacón. Algo nerviosa, fai referencia en primeiro lugar a "aí fóra": "Hay siete millones que nos han votado, pero cuatro que nos han dado la espalda".
Rubalcaba contrataca agora co seu discurso máis esquerdista: reivindicación "da O de 'obreiro' no nome do partido", críticas ás primeiras medidas do goberno de Rajoy e á banca, unha cita de Pablo Iglesias e a promesa da revisión do acordo co Vaticano
Rubalcaba fai continuas chiscadelas a Griñán, Andalucía e os seus delegados, que poden ser a clave no resultado final
O sorteo favoreceu a Carme Chacón, que falará despois de Rubalcaba. Podedes seguir en directo os discursos dos dous candidatos aquí
ABC dedica a súa portada a unha foto de Gallardón disfrazado de Albéniz
Ás 12.30 comeza a votación para elixir secretario (ou secretaria) xeral do PSOE. Os telediarios do mediodía emitirán o discurso do gañador ou gañadora. Iso si, sen primeiros planos dos asistentes.