Chacón reivindica a Zapatero, que non está presente hoxe no Congreso. Pódese seguir en directo a súa intervención aquí
Fálase
Comeza a intervención de Carme Chacón. Algo nerviosa, fai referencia en primeiro lugar a "aí fóra": "Hay siete millones que nos han votado, pero cuatro que nos han dado la espalda".
Rubalcaba contrataca agora co seu discurso máis esquerdista: reivindicación "da O de 'obreiro' no nome do partido", críticas ás primeiras medidas do goberno de Rajoy e á banca, unha cita de Pablo Iglesias e a promesa da revisión do acordo co Vaticano
Rubalcaba fai continuas chiscadelas a Griñán, Andalucía e os seus delegados, que poden ser a clave no resultado final
O sorteo favoreceu a Carme Chacón, que falará despois de Rubalcaba. Podedes seguir en directo os discursos dos dous candidatos aquí
ABC dedica a súa portada a unha foto de Gallardón disfrazado de Albéniz
Ás 12.30 comeza a votación para elixir secretario (ou secretaria) xeral do PSOE. Os telediarios do mediodía emitirán o discurso do gañador ou gañadora. Iso si, sen primeiros planos dos asistentes.
O 4 de febreiro de 2010, hai dous anos, finaba Antón Moreda. Vieiros visitárao en 2008 e fixéralle esta entrevista. Mirade o vídeo
Chacón: "Síntome como Messi esquivando os puntapés de Pepe", en Ara
Zapatero intervén no Congreso Federal do PSOE para defender o seu informe de xestión. "Debo rendir cuentas", di ao comezar a explicar a súa política económica entre 2008 e 2011. Subliña as "debilidades" da economía española provocadas polo "exceso de endeudamiento privado".