O sorteo favoreceu a Carme Chacón, que falará despois de Rubalcaba. Podedes seguir en directo os discursos dos dous candidatos aquí
Fálase
ABC dedica a súa portada a unha foto de Gallardón disfrazado de Albéniz
Ás 12.30 comeza a votación para elixir secretario (ou secretaria) xeral do PSOE. Os telediarios do mediodía emitirán o discurso do gañador ou gañadora. Iso si, sen primeiros planos dos asistentes.
O 4 de febreiro de 2010, hai dous anos, finaba Antón Moreda. Vieiros visitárao en 2008 e fixéralle esta entrevista. Mirade o vídeo
Chacón: "Síntome como Messi esquivando os puntapés de Pepe", en Ara
Zapatero intervén no Congreso Federal do PSOE para defender o seu informe de xestión. "Debo rendir cuentas", di ao comezar a explicar a súa política económica entre 2008 e 2011. Subliña as "debilidades" da economía española provocadas polo "exceso de endeudamiento privado".
O vindeiro luns Manuel Baltar substituirá o seu pai, José Luis Baltar, na presidencia da Deputación de Ourense. Entre outras autoridades, xa está confirmada a presenza da presidenta do Parlamento, Pilar Rojo.
O portavoz do PSdeG, Abel Losada, acusa a Feijóo de ter anteposto os intereses do PP aos de Galicia na reestruturación do sistema crediticio. Considera que a reforma consuma a "desaparición do tecido financeiro galego".
A ministra de Sanidade, Ana Mato, visita Galicia o luns. Vaise reunir co presidente da Xunta e o seu departamento di que a xuntanza será no "palacio de Rajoy"
A troika pide a Grecia que reduza o salario mínimo e pretende recortar os custos laborais nun 25%. Papademos podería dimitir se non hai acordo político. Cóntao o diario grego Ekathimerini