A troika pide a Grecia que reduza o salario mínimo e pretende recortar os custos laborais nun 25%. Papademos podería dimitir se non hai acordo político. Cóntao o diario grego Ekathimerini
Fálase
Os delegados sindicais en Navantia e empresas auxiliares do estaleiro iniciarán o día 7 unha marcha a pé desde Ferrol ata A Coruña para demandar carga de traballo. Chegarán o 9 á cidade herculina.
Parlamento: O nacionalista Henrique Vieitez denuncia que na construción do hospital de Vigo os traballadores chegaron a facer "doce horas de xornada" cobrando "a metade" do que lles correspondía por convenio
Parlamento: Os votos do PP botan por terra unha iniciativa socialista para "rexeitar o copago como fórmula de financiamento dos servizos sanitarios públicos"
Un © no logotipo do Congreso do PSOE que pode dar lugar a algunha lectura irónica. A Lei Sinde está recente...
En Portugal xa hai quen traballa de balde para a sanidade pública. Cóntao o Jornal de Notícias: Centenas de voluntários vão "ajudar" Serviço Nacional de Saúde
Ducias de afectados polas participacións preferentes de Novagalicia Banco están concentrados diante de sucursais que a entidade ten por todo o Morrazo
A banca europea elevou a cantidade de depósitos no BCE a máis de 488.600 millóns de euros. Segue sen chegar o crédito á economía real
Sanidade inicia os trámites para contratar unha campaña para a "promoción" do consumo de medicamentos xenéricos. Gastará ata 2.2 millóns de euros en anuncios. Son fondos do Servizo Galego de Sáude.
Segundo Le Monde, a esquerda domina as webs políticas en Francia e ofrece unha cartografía interactiva