Parlamento: O nacionalista Henrique Vieitez denuncia que na construción do hospital de Vigo os traballadores chegaron a facer "doce horas de xornada" cobrando "a metade" do que lles correspondía por convenio
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f2bca03d6f8e-horizontal_web.jpg)
Parlamento: O nacionalista Henrique Vieitez denuncia que na construción do hospital de Vigo os traballadores chegaron a facer "doce horas de xornada" cobrando "a metade" do que lles correspondía por convenio
Parlamento: Os votos do PP botan por terra unha iniciativa socialista para "rexeitar o copago como fórmula de financiamento dos servizos sanitarios públicos"
Un © no logotipo do Congreso do PSOE que pode dar lugar a algunha lectura irónica. A Lei Sinde está recente...
En Portugal xa hai quen traballa de balde para a sanidade pública. Cóntao o Jornal de Notícias: Centenas de voluntários vão "ajudar" Serviço Nacional de Saúde
Ducias de afectados polas participacións preferentes de Novagalicia Banco están concentrados diante de sucursais que a entidade ten por todo o Morrazo
A banca europea elevou a cantidade de depósitos no BCE a máis de 488.600 millóns de euros. Segue sen chegar o crédito á economía real
Sanidade inicia os trámites para contratar unha campaña para a "promoción" do consumo de medicamentos xenéricos. Gastará ata 2.2 millóns de euros en anuncios. Son fondos do Servizo Galego de Sáude.
Segundo Le Monde, a esquerda domina as webs políticas en Francia e ofrece unha cartografía interactiva
O Washington Post fala da posibilidade dun ataque militar israelí sobre Irán nos vindeiros meses, unha posibilidade recoñecida polo secretario de Defensa do EE.UU, Leon E. Panetta
Novagalicia Banco asegura que mantén o seu proxecto de recapitalización e confía en poder seguir en solitario. Luis de Guindos indicou, por contra, que a intención do Goberno é sacar ao mercado as entidades nacionalizadas "o antes posible".