As inscricións nas oficinas de emprego baixaron en 3.340 persoas en Galicia durante o mes de agosto. É a autonomía cun maior descenso. No conxunto do Estado o paro rexistrado aumenta en 8.070 persoas. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
Vilaweb recompila sentenzas do Constitucional "favorables a Catalunya" que o Goberno de España está a incumprir
España implícase na guerra de Ucraína doando cascos e chalecos antibalas, segundo recolle Público.es
Unha blogueira de Noruega denuncia abusos laborais en H&M aproveitando un reality televisivo. En El Diario
O comité de Navantia advirte de que o flotel emprega só a 100 persoas fronte ás 3.000 prometidas pola Xunta. Recólleo El País
Povisa despide 12 persoas mentres renova o convenio co Sergas e segue sendo o principal lastre para as listas de espera da sanidade pública galega. O comité de empresa anuncia mobilizacións, segundo sinala a CIG
Lugo será esta tarde a primeira cidade galega na que o PP defenderá unha moción en pleno para pedir a ilegalización dos gobernos municipais de coalición. Recólleo El Progreso
Este luns comeza a súa andaina Vigo Dixital, un novo diario na rede centrado na actualidade viguesa
O Foro de São Paulo recoñece a Galicia como nación e apoia, nas súas conclusións, o proxecto soberanista catalán e o proceso de paz en Euskadi. No encontro participaron Ana Miranda, do BNG, e Lidia Senra, de AGE.