O Deportivo saca un sufrido empate en San Mamés ante o Athletic (1-1). Os galegos fixeron un mal primeiro tempo, pero melloraron no segundo, onde marcou Abel Aguilar.
Fálase
O BNG e afectados polas preferentes presentarán unha denuncia na Eurocámara. Viaxarán vinte representantes das plataformas de afectados en toda Galicia.
A participación nas eleccións catalás é do 56% ás 18 horas, oito puntos por riba da de 2010.
O Obradoiro cae pola mínima (76-78) nun igualado partido ante o Gran Canaria. No derbi do sábado na LEB, o Breogán gañoulle ao COB Ourense.
O 29,31% dos cataláns xa votaron ata as 13 horas, 4,5 puntos máis que hai dous anos.
Touriño asegura que o líder do PSdeG debe "aparecer desde abaixo" e non "dun apaño desde arriba", e amósase disposto a comparecer na comisión das caixas, segundo asegura nunha entrevista ao Faro de Vigo.
Novo veto a bandeiras nacionalistas galegas no partido do Obradoiro. Varios afeccionados denuncian a Praza que lles foi retirada unha estreleira da bancada no Sar durante o partido desta mañá, como xa ocorrera noutro encontro. Máis información, esta tarde en Praza.
Bruxelas esixe despedir 2.000 traballadores de Novagalicia Banco. As condicións do rescate obrigarán a entidade a dedicarse só á banca familiar en Galicia e a unha quita nas preferentes. Europa inxectará 35.000 millóns no sector financeiro español en menos dun mes, segundo conta El País.
ETA advirte de que aínda "hai risco real de deixar sen saída o proceso" e "frustrar a oportunidade de paz". No seu comunicado, critica a involución por parte das institucións para poñer fin ao conflito e di qeu non renunciará "á necesidad de que os estados recoñezan a responsabilidade pola violencia utilizada".
ETA ofrece o seu final a cambio dun acordo completo sobre presos,desarme e desmilitarización. Vén de emitir un comunicado, adiantado por Naiz.info, no que ofrece unha negociación a España e Francia sobre o que denomina "consecuencias do conflito". O documento será publicado integramente este domingo.