ETA advirte de que aínda "hai risco real de deixar sen saída o proceso" e "frustrar a oportunidade de paz". No seu comunicado, critica a involución por parte das institucións para poñer fin ao conflito e di qeu non renunciará "á necesidad de que os estados recoñezan a responsabilidade pola violencia utilizada".
Fálase
ETA ofrece o seu final a cambio dun acordo completo sobre presos,desarme e desmilitarización. Vén de emitir un comunicado, adiantado por Naiz.info, no que ofrece unha negociación a España e Francia sobre o que denomina "consecuencias do conflito". O documento será publicado integramente este domingo.
Feijóo subsituirá a toma de posesión no Obradoiro por un acto "máis comedido". Cre que a situación económica require rachar coa tradición dos últimos anos.
O PSdeG aclara que a súa posición é votar "totalmente en contra" da investidura de Feijóo. Asegura que esperará "por cortesía" ao discurso de Feijóo para decidir o seu voto.
Centos de persoas maniféstanse en Santiago en solidariedade co pobo palestino. Imaxe de @BNGOurense.
Máis de 600 mulleres morreron a man das súas parellas en España na última década, segundo datos do Ministerio de Sanidade. O ano 2008, con 76 asasinatos, foi o máis nefasto.
Polémica portada de La Gaceta, que enxalza a Franco e critica que se prohiban homenaxes ao ditador, pero que si se fagan ás súas vítimas ou a Santiago Carrillo.
A Xunta Electoral catalá prohíbe as manifestacións feministas do domingo por coincidir coa xornada electoral. A decisión indigna os colectivos convocantes, que levaban 17 anos celebrando a marcha.
O Consello de Informativos de TVE denuncia coaccións aos xornalistas. Recibiu xa numerosas queixas de profesionais pola intromisión no seu traballo.
Sortu quere que ETA recoñeza o dano causado, tal e como fixo o IRA. A esquerda 'abertzale' intensifica os contactos coas vítimas, segundo conta El País.