Máis de 600 mulleres morreron a man das súas parellas en España na última década, segundo datos do Ministerio de Sanidade. O ano 2008, con 76 asasinatos, foi o máis nefasto.
Fálase
Polémica portada de La Gaceta, que enxalza a Franco e critica que se prohiban homenaxes ao ditador, pero que si se fagan ás súas vítimas ou a Santiago Carrillo.
A Xunta Electoral catalá prohíbe as manifestacións feministas do domingo por coincidir coa xornada electoral. A decisión indigna os colectivos convocantes, que levaban 17 anos celebrando a marcha.
O Consello de Informativos de TVE denuncia coaccións aos xornalistas. Recibiu xa numerosas queixas de profesionais pola intromisión no seu traballo.
Sortu quere que ETA recoñeza o dano causado, tal e como fixo o IRA. A esquerda 'abertzale' intensifica os contactos coas vítimas, segundo conta El País.
Mayor Oreja, Leguina ou Toni Cantó apoian a mobilización pola unidade de España do vindeiro 6 de decembro. O PP tamén secunda a convocatoria.
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, apoia a Esquerra Republicana de Catalunya no seu mitin de peche de campaña
A Eurocámara reclama que a Presidencia da Comisión Europea sexa elixida directamente pola cidadanía
O código de boas prácticas só facilitou oito dacións en pago ata o mes de xuño. A resposta da banca ás peticións das familias foi negativa no 81% dos casos. Cóntao El Diario.
Rajoy marcha "satisfeito" do cumio europeo sobre orzamentos malia o fracaso na negociación. "Vinte e sente países negociando non é doado, pero sorprendeume o espírito construtivo", di en El Diario.